Publicador de contidos
Publicador de contidos

A participación ás 17 horas é do 49%, a maior desde 2009

A participación ás 17 horas é do 49%, a maior desde 2009

A participación superaraba o total da de 2020 en Galicia tres horas antes do peche
 

G24.gal 18/02/2024 17:21

A participación en Galicia supera xa o total da dos anteriores comicios autonómicos, os de 2020, cando quedan tres horas para o peche, segundo os datos da páxina web oficial das eleccións e que confirmou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, en conferencia de prensa. 

Se ao mediodía estaba máis de 2 puntos por baixo da de hai catro anos, a situación deu unha volta porque os galegos animáronse a acudir ás urnas.

Ás 17:00 horas, a participación foi do 49,16 % polo 48,97 % co que concluíron as de 2020, ano en que houbo un 51,03 % de abstención.

A participación supera en máis de 6 puntos a que había nos comicios de fai catro anos ás 17:00 horas e xa acudiron ás urnas máis dun millón de electores.

A provincia que presenta un maior incremento de participación respecto a 2020 é Lugo con 7,86 puntos máis, seguida por Ourense (7,50), mentres que Pontevedra e A Coruña rexistran practicamente o mesmo incremento: 5,74 e 5,73, respectivamente.

Ourense é a única que superou xa o 50,19 % de participación este domingo de eleccións en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade