Publicador de contidos
Publicador de contidos

A partir deste sábado queda prohibido fumar en Riazor

A partir deste sábado queda prohibido fumar en Riazor

O estadio será un espazo libre de fume xa no partido que se disputa este sábado

A medida pretende protexer os moitos nenos que acoden ao campo

Un operario pon en Riazor o cartel que lembra a prohibición de fumar
G24.gal 29/04/2022 15:45

O estadio de Riazor prepárase para estrear este sábado unha nova etapa como lugar libre de fume. O consello de administración do Deportivo aprobou esta medida case tres anos despois de que xa o fixera nas súas instalacións de Abegondo e logo dun ensaio obrigado polas restricións que impuxo a emerxencia sanitaria.

A cidade e especificamente os grupos de seareiros deportivistas amosan, en xeral, o seu acordo con esta medida, que comeza a aplicarse precisamente o día que o club dedica ás peñas.

Para velar polo cumprimento da norma, o club acaba de formar os 200 traballadores que controlan os accesos e a seguridade nun día de partido. 

Este sábado, ás sete da tarde, Dépor e Logroñés xogarán nun Riazor libre de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade