A película galega "Samsara", premio especial do xurado na Berlinale
A película galega "Samsara", premio especial do xurado na Berlinale
A película española Samsara, dirixida por Lois Patiño, é a gañadora do premio especial do xurado da sección Encounters, dedicada ás novas voces do cinema, da Berlinale.
Samsara, unha inspiración do ciclo budista da reencarnación rodada en Laos. Unha experiencia sensorial que en parte poderá gozarse cos ollos pechados.
O director galego Lois Patiño ofrece unha historia sobre o tránsito da vida á morte, rodada en Laos e Zanzíbar.
O propio director caracterizaba o filme como unha experiencia sensorial para o público.
A película artéllase arredor do Libro tibetano dos mortos, que anticipa o máis aló a través dos sons e as luces.
O festival internacional de cinema culmina coa cerimonia de entrega dos premios oficiais do xurado presidido pola actriz estadounidense Kristen Stewart.