A plataforma Cabify amplía os seus servizos na Coruña con servizos de taxi
A plataforma Cabify amplía os seus servizos na Coruña con servizos de taxi
As asociacións de taxistas rexeitan ofrecer traxectos a prezo pechado
A plataforma Cabify amplía a súa oferta na Coruña con servizos de taxi. Faino despois de catro anos operando a través do alugueiro de coches con condutor.
Din desde a empresa que o 90 % dos taxistas que utilizan a súa plataforma melloran os seus ingresos. Pero desde as asociacións do taxi da Coruña rexeitan colaborar co sector das VTC. E din que só busca publicidade.
A partir de outubro os servizos das plataformas de VTC non poderán competir cos taxis dentro do mesmo municipio e limitaranse a realizar traxectos entre distintos concellos se non se modifica a norma estatal.
A Xunta aposta polo diálogo entre os dous sectores. En Galicia hai máis de 3.500 licenzas de taxi e 281 de vehículos da aluguer con condutor.