Educación viaria, reciclaxe obrigatoria e non ao carné por puntos, demandas da Plataforma Moteira
Educación viaria, reciclaxe obrigatoria e non ao carné por puntos, demandas da Plataforma Moteira
Considera que as políticas de seguridade viaria están estancadas e o carné por puntos é obsoleto
A vicepresidenta da Plataforma Moteira para a Seguridade Viaria reclama unha mellor formación en educación viaria dende a escola.
María José Alonso cre preciso implantar unha reciclaxe obrigatoria para os condutores, para corrixir os malos hábitos ao circular.
Alonso considera "tráxico" o balance dos accidentes de tráfico de 2022. Salienta que o ano pasado morreron dez motoristas máis que en 2021.
Na súa opinión, as políticas de seguridade viaria están "estancadas" e xa non son válidas para reducir de forma significativa a sinistralidade.
María José Alonso entende que tampouco é eficiente o permiso de conducir por puntos. Afirma que son necesarias novas políticas que axuden a evitar accidentes nas estradas.