Publicador de contidos
Publicador de contidos

A poboación galega envellece: a idade media alcanza os 48 anos e supera os 50 en Ourense e Lugo

A poboación galega envellece: a idade media alcanza os 48 anos e supera os 50 en Ourense e Lugo

A das nais para ter o primeiro fillo volve subir, ata os 33 anos, despois duns anos dun "certo estancamento"

Galicia perderá en dez anos o triplo de poboación xuvenil que a media europea

A porcentaxe de maiores de 65 anos aumenta nas principais cidades galegas

G24.gal 19/02/2023 11:29 Última actualización 19/02/2023 14:40

O declive demográfico agrávase cada ano que pasa en Galicia. A nosa é a segunda comunidade máis envellecida de España, só por detrás de Asturias.

Os datos de idade media que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) amosan a situación actual. Dos 45,34 anos ao 1 de xaneiro de 2012 pasou aos 48,01 en 2022.

A taxa galega de envellecemento está en máximos históricos e as previsións para a vindeira década non son moi esperanzadoras; haberá 2,5 xubilados por cada menor de 20 anos.

Mentres, por provincias, Ourense alcanza os 51,19 anos de idade media e Lugo os 50,35, fronte aos 47,72 da Coruña e 46,52 de Pontevedra.

Na estrutura por idades da poboación galega "compróbase o proceso de envellecemento", segundo o IGE: diminúe o peso dos grupos de individuos de menos de 20 anos e de entre 20 e 64 e increméntase o de 65 ou máis anos.

Para a análise "máis específica" do proceso de avellentamento úsase o índice de envellecemento, que calcula o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 persoas menores de 20, segundo explica.

A velocidade do proceso

Desde o ano 1975, o seu "continuo" aumento reflicte "a velocidade do envellecemento" da poboación de Galicia, superior, advirte, no caso das mulleres.

Así, para o conxunto de Galicia situouse en 2022 en 167,26 e isto significa que por cada 100 menores de 20 anos contabilizáronse máis de 167 persoas maiores de 64.

Outro indicador, o índice de "sobreenvellecemento", mostra como está estruturado o grupo de 65 ou máis: calcula que porcentaxe representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis. En 2022, no conxunto de Galicia sitúase no 19,97%.

A dependencia

Unha das preocupacións que aparecen por mor do envellecemento dunha poboación" é como se incrementa a denominada poboación en idade "potencialmente dependente", que engloba a poboación menor de 15 anos e a de máis de 64, con respecto á poboación en idade "potencialmente activa", que inclúe a poboación de entre 15 e 64 anos. Así o constata Estatística.

O IGE calcula tres indicadores para estudar estas proporcións, o primeiro deles o índice de dependencia global, que relaciona a poboación menor de 15 anos e a de 65 ou máis coa poboación de entre 15 e 64 anos. "Desde o ano 1975 obsérvase unha lixeira diminución ata 2008, data na que o indicador comeza a incrementarse", sinala.

O índice de dependencia xuvenil relaciona a poboación menor de 15 anos coa poboación entre 15 e 64. "Este indicador non presenta na actualidade en Galicia grandes diferenzas entre sexos", segundo apunta.

Por último, o índice de dependencia senil, que relaciona a poboación de 65 ou máis anos coa poboación entre 15 e 64 e que se caracteriza pola diferenza que existe no seu valor entre ambos os sexos e, ademais, polo seu "incremento continuado".

A descendencia

O IGE recolle, xa con datos de 2021, un índice sintético de fecundidade ou número medio de fillos por muller de 1,01. A idade media da maternidade situouse nos 33,19 anos e a da paternidade, por encima, ao chegar aos 35,72 anos.

Resalta que a idade media da nai ao nacemento do primeiro fillo, despois duns anos de "certo estancamento", volve aumentar en 2021.

 


 

Muler maior na cama Muler maior na cama
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade