A Policía Local consegue mediar para que lle devolvan pacificamente as chaves dunha vivenda ocupada ilegalmente en Cambre
A Policía Local consegue mediar para que lle devolvan pacificamente as chaves dunha vivenda ocupada ilegalmente en Cambre
A Policía Local consegue mediar para que lle devolvan pacificamente as chaves dunha vivenda ocupada ilegalmente en Cambre
Unha muller de 31 anos con problemas de drogadicción entrou a vivir ilegalmente nunha vivenda propiedade dun banco
Os ocupantes da vivenda chamaron a policía, entregaron as chaves do inmoble e marcharon
A mediación da Policía Local, da Garda Civil e dos propios veciños deu como froito o remate dunha ocupación ilegal. Unha muller en risco de exclusión social entrou, fíxose pasar pola dona dun piso para instalarse nel, e aí comezaron os problemas de convivencia.
A porta de seguridade sela a entrada da vivenda que estivo ocupada ilegalmente. Grazas á mediación policial os fraudulentos inquilinos entregaron as chaves e marcharon. O que fixeron foi informar das consecuencias que podían ter.
Unha muller de 31 anos con problemas de drogadicción entrou a vivir ilegalmente nunha vivenda propiedade dun banco. Para entrar empregou os servizos dun cerralleiro, facéndose pasar pola dona
Quitoulle as pilas á alarma cando empezou a soar e non abriu nin aos servizos de seguridade nin á policía cando acudiron. O piso baleiro non tiña luz nin auga. Os veciños non estaban contentos coa nova inquilina. Unha porta apareceu rebentada, había berros de noite e festas de ata 20 persoas.
Usando a cabeza e non o músculo foron quen de resolver o conflito, que rematou de xeito pacífico. Os ocupantes da vivenda chamaron a policía, entregaron as chaves do inmoble e marcharon.