O corpo do autor dos tiroteos de Maine, nos EUA, aparece nun camión de reciclaxe

O seu corpo apareceu nun camión de reciclaxe na empresa da que foi despedido

Non se sabía nada do sospeitoso desde que o mércores as autoridades publicaron a súa fotografía nas redes sociais

Despregadura dos efectivos que buscaban o tirador/ Reuters Despregadura dos efectivos que buscaban o tirador/ Reuters
G24.gal 28/10/2023 11:23

A policía estatal de Maine nos EUA confirmou que atoparon o corpo do principal sospeitoso dos dous tiroteos que o mércores se cobraron a vida de 18 persoas na cidade de Lewiston.

Robert Card estaba morto cunha ferida de bala na cabeza, no que se supón foi un suicidio. O corpo estaba nun lugar próximo ao río onde abandonara o seu coche, dous días dos dous tiroteos nunha boleira e un restaurante.

O corpo de Robert Card foi atopado no interior dun camión de reciclaxe, na planta na que estivo a traballar e foi despedido.

O comisario explicou que antes de facer pública a noticia foron notificadas as familias dos 18 falecidos e tamén a do sospeitoso, quen "perdeu a un ser querido neste escenario", afirmou.

A gobernadora demócrata Janet Mills, quen pronunciou por primeira vez a esperada noticia: "Robert Card está morto".

"Como moita xente, esta noite respiro aliviada ao saber que Robert Card xa non é unha ameaza para ninguén. Sei que hai moitas persoas que comparten ese sentimento, pero tamén sei que a súa morte pode non traer consolo a moitos. Pero agora é o momento de sandar", afirmou.

Ponse fin a dous días de tensión en Lewiston e as cidades veciñas, onde gran parte dos cidadáns permaneceron resgardados nas casas por seguridade.

E termina tamén unha intensa busca por aire, terra e auga na que participaron centos de efectivos da policía local, estatal, así como da Oficina Federal de Investigación (FBI).

Non se sabía nada do sospeitoso desde que o mércores as autoridades publicaron a súa fotografía en redes sociais -na que aparecía portando un rifle de asalto- e pediron á poboación que compartise calquera información sobre o seu posible paradoiro coa policía.

O seu coche fora atopado a noite do suceso nun embarcadoiro de Lisbon, unha localidade a uns 12 quilómetros de Lewiston, onde tivo lugar o masacre. Por iso a procura deste venres centrouse no río xunto ao que foi atopado o vehículo, con mergulladores, robots subacuáticos e soares.

Card era militar na reserva, de 40 anos de idade, e pasara dúas semanas ingresado nun psiquiátrico. 

Biden celebra o achado do corpo do tirador de Maine e condena a "epidemia" de armas

O presidente dos EUA, Joe Biden, celebrou a noticia de que o principal sospeitoso dos dous tiroteos do mércores en Lewiston que se cobraron a vida de 18 persoas foi atopado morto polas autoridades. 
 

"Esta noite sentímonos agradecidos de que Lewiston e as comunidades veciñas están seguras despois de pasar días insoportables agachados nas súas casas", dixo 

A principal mensaxe do demócrata, con todo, foi contra a violencia con armas de fogo, e dixo que os estadounidenses "non deberían ter que vivir desta maneira". 

"De novo pido aos republicanos no Congreso que cumpran coa súa obriga de manter seguros aos cidadáns. Ata que chegue ese día, seguirei facendo todo o que estea na miña man para poñer fin a esta epidemia de violencia con armas", afirmou. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade