Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía interveu en Lugo un alixo de cinco quilos de cocaína, o maior ata o momento na cidade

A policía interveu en Lugo un alixo de cinco quilos de cocaína, o maior ata o momento na cidade

A droga estaba repartida en catro paquetes a cargo dun home que xa ingresou en prisión

Félix Aragunde 14/12/2023 13:48

A Policía Nacional incautouse en Lugo de preto de cinco quilos de cocaína. Trátase do maior alixo desta droga comisado ata o momento na cidade, que estaba distribuído en catro paquetes.

Dous deles levábaos enriba un home, que gardaba outros dous no seu coche. Tras ser detido, o xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

O valor da substancia intervida, 4.700 gramos, podería achegarse, en función do seu grao de adulteración, mesmo ao medio millón de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade