Publicador de contidos
Publicador de contidos

1.200 familias galegas pediron asesoramento en Proxecto Home en 2023

1.200 familias galegas pediron asesoramento en Proxecto Home en 2023

A asociación que trata persoas con problemas de adicción alerta do incremento do alcoholismo nas mulleres

A cocaína segue a ser a substancia cun maior consumo e, polo tanto, a que provoca máis ingresos

G24.gal 31/07/2024 13:51

A asociación Proxecto Home, que leva 34 anos axudando as persoas con problemas de adicción, o ano pasado asesorou 1.200 familias galegas. A cocaína segue a ser a substancia cun maior consumo e a que provoca a maioría dos ingresos nos centros de internamento. Alertan tamén dun incremento do alcoholismo nas mulleres. O ano pasado máis de 800 persoas foron diagnosticadas nos seus centros; desas, 162 acudían por primeira vez. A idade media dos seus usuarios está nos 37 anos.

 "Que poidamos axudar a como situarse con estas persoas, e como axudalas para que veñan con elas ao centro é moi importante. Que haxa 1200 familias significa que hai un serio problema de adicción na sociedade", explica Ofelia Debén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade