A Policía Local do Porriño intercepta un condutor bébedo que circulaba con tres nenos no coche
A Policía Local do Porriño intercepta un condutor bébedo que circulaba con tres nenos no coche
Ademais de inmobilizar o coche no domicilio do investigado, os axentes tamén deron conta á Fiscalía e aos servizos sociais do ocorrido
O condutor, de 34 anos, está investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria
A Policía Local do Porriño interceptou un condutor bébedo que circulaba con tres nenos no coche.
Ademais de inmobilizar o coche no domicilio do investigado, os axentes tamén deron conta á fiscalía e aos servizos sociais do ocorrido. todo sucedeu nun control preventivo de alcoholemia na avenida de Buenos Aires. A Policía Local do Porriño deulle o alto a un condutor para que fixese a proba e deu un resultado positivo de 0,81 miligramos por litro en aire expirado, cando o límite é de 0,25.
O condutor, de 34 anos, está investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria. Os axentes comprobaron que no interior do vehículo viaxaban tres nenos, polo que decidiron inmobilizar o coche xa no domicilio do investigado coa súa autorización.
Apuntan que os controis de alcol e drogas son efectivos e que dende que os incrementaron se reduciron ata nun 30 % os casos que dan positivo.