Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Nacional fai un simulacro de ataque terrorista en Pamplona

A Policía Nacional fai un simulacro de ataque terrorista en Pamplona

Tres opcións posibles: correr, esconderse ou loitar

Os especialistas da policía realizaron tres exercicios antiterroristas
G24.gal 30/06/2024 19:59

Un home entrou disparando este domingo nun centro comercial de Pamplona. O desconcerto ou pánico que poden ocasionar estas situacións so afectou brevemente aos clientes máis despistados, xa que todo era un simulacro da Policía Nacional.

Correr, esconderse ou loitar, son as opcións posibles nestes casos

Con tres prácticas moi realistas, que incluían tiradores encarrapuchados e con bombas, e a toma de reféns, os mandos policiais quixeron preparar á xente para afrontar un ataque terrorista. O xefe do operativo dixo que nestes casos só hai tres posibilidades.

"Tal e como din os norteamericanos, só hai tres opcións: correr, esconderse ou loitar. A primeira opción é correr, con orde, tentando saír da zona onde está o perigo; a segunda é esconderse, se non hai posibilidade de fuxir. E a terceira, se hai un tirador activo que está matando persoas, empregando unha arma de fogo, e non podemos correr, non podemos escondernos, pois teremos que loitar, non hai outra forma", sinalou o xefe do equipo de negociadores da Policía Nacional en Navarra.

Afortunadamente nesta ocasión só era un simulacro, unha práctica que rematou ben, co terrorista detido e coa suposta bomba desactivada.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade