Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía recomenda non revelar na web que estamos de vacacións para evitar roubos na casa

A policía recomenda non revelar na web que estamos de vacacións para evitar roubos na casa

Aconsellan desactivar a xeolocalización do teléfono e compartir fotos só cando esteamos de volta na casa

G24.gal 12/08/2022 20:39

Estamos de vacacións e queremos que todo o mundo o saiba.

Así que publicamos na web fotos para fachendear. Dicindo onde estamos e cando volvemos. Unha información útil para os ladróns que a policía desaconsella compartir.

Elisa Rebolo, voceira da Policía Nacional, recomenda desactivar a xeolocalización dos nosos teléfonos, non dicir onde estamos en cada momento para que os ladróns non teñan a tentación de entrar na nosa casa sabendo que está baleira.

Se aínda así queremos presumir. É bo que só o fagamos con amigos e familiares.

E o máis importante: non hai que dar información privada nas redes sociais.

Pero non se asusten porque hai unha boa forma de presumir de vacacións sen meternos en problemas. A clave é agardar a  estar de volta na casa para publicar fotos ou dicir onde estivemos. E é moi importante concienciar os rapaces de que fagan o mesmo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade