A ponte festiva deixou en Ourense máis dunha ducia de liortas nocturnas
A ponte festiva deixou en Ourense máis dunha ducia de liortas nocturnas
A pelexa máis grave a acontecida na zona histórica da cidade
Houbo tres feridos de diversa consideración que xa foron dados de alta
A ponte festiva deixou en Ourense máis dunha ducia de liortas nocturnas. A máis grave a acontecida na zona histórica da cidade. Foi a madrugada do domingo cando tivo lugar a liorta na praza da Estrela, situada nas inmediacións da zona de viños e locais de copas de Ourense.
Nela participaron varias persoas, visiblemente alteradas. Un deles mesmo agrediu o resto cunha muleta. Houbo tres feridos de diversa consideración que xa foron dados de alta. Foi a liorta máis grave das 13 rexistradas esta ponte festiva en Ourense. A Policía Nacional abriu unha investigación para deter os presuntos agresores.
O vídeo da liorta circula xa polas redes sociais, igual que os doutras que tiveron lugar nos últimos meses en Ourense. Non sorprende demasiado entre a xente máis nova, que di que situacións coma estas son cada vez máis frecuentes.
Os veciños da zona histórica onde acontecen moitas destas liortas piden que se incremente a vixilancia policial.