Publicador de contidos
Publicador de contidos

A portavoz nacional do BNG reúnese coa presidenta do Sinn Fein

A portavoz nacional do BNG reúnese coa presidenta do Sinn Fein

Pontón e McDonald coinciden na defensa dunha saída xusta á crise de prezos

O encontro celebrouse en Dublín O encontro celebrouse en Dublín
G24.gal 04/11/2022 19:36 Última actualización 04/11/2022 20:20

A portavoz nacional do BNG reuniuse en Dublín coa presidenta do Sinn Fein. Ana Pontón e Mary Lou McDonald abordaron cuestións do momento político actual.

As dúas coinciden en defender unha saída social e xusta á crise de prezos. Tamén avogaron por antepoñer as persoas aos lobbys económicos e por reforzar os servizos públicos e a protección social.

Segundo dixo Ana Pontón, as dúas concordaron en que son imprescindibles gobernos valentes e liderados por forzas que velan polos intereses da maioría social, como as que elas representan e que aspiran a presidir Galicia e Irlanda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade