Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prensa británica eloxia a "coraxe" de Kate e pide respecto á súa privacidade

A prensa británica eloxia a "coraxe" de Kate e pide respecto á súa privacidade

O diario monárquico por excelencia, The Times, augura nun editorial que a noticia "unirá" a nación

A cidadanía británica di estar "en shock", "triste" e "devastada" pola noticia

G24.gal 23/03/2024 14:32 Última actualización 23/03/2024 14:48

Como era de agardar, a prensa británica recolle este sábado nas súas portadas o anuncio de Kate Middlenton sobre o seu estado de saúde e eloxia unanimemente a Princesa de Gales pola súa "coraxe" ao desvelar que padece cancro e que xa está a recibir quimioterapia.

Os principais xornais do país súmanse ao desexo da propia Kate e de Kensignton Palace de que se "respecte a súa privacidade" e se "lles dea espazo" para afrontar o tratamento e a recuperación. 

O diario monárquico por excelencia, The Times, augura nun editorial que a noticia "unirá" a nación e cre que se debería respectar "a privacidade e consideración que se lle debe á familia real" nun momento dobremente complicado, polo cancro tamén do rei Carlos III.

"Tras semanas de especulacións, ás veces inverosímiles, (especialmente nas redes sociais), a noticia debería contribuír a calmar moita da curiosidade da cidadanía", considera o rotativo.

Desde a BBC, aseveran que o anuncio de Kate "reescribe a historia das pasadas semanas" e que Kensignton Palace espera que o xiro cara unha maior apertura sobre a súa saúde será o punto no que as especulacións se deteñan". 

O xornal sensacionalista The Sun recolle nun titular: "Kate, non estás soa".

Nas últimas horas, mandatarios de todo o mundo amosaban o seu apoio á princesa de Gales. Tamén o facían familiares e mesmo Harry e Meghan Markle desde os Estados Unidos.

A cidadanía británica di estar "en shock", asegura estar "triste", "devastada" e "impactada" pola noticia e que agardan "unha pronta recuperación" da princesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade