A presión de Junts complica a aprobación dos presupostos xerais do Estado
A presión de Junts complica a aprobación dos presupostos xerais do Estado
O Goberno di que seguirá buscando maiorías parlamentarias e o PP advirte que sen presupostos a lexislatura está abocada ao fracaso
O primeiro paso do novo curso político está na aprobación da senda de estabilidade, un paso previo aos presupostos. O Goberno volverá levalo a aprobación despois de que os votos do PP, Junts e Vox, tombaran o que se presentou antes das vacacións de verán. E confía en sacar as contas adiante.
"O Goberno vai seguir buscando acordos. E podemos dicir que o conseguimos durante máis de seis anos e que o conseguiremos os tres anos que quedan de lexislatura", di o Ministro, Félix Bolaños.
Pero a investidura de Salvador Illa no Goberno da Generalitat complica a maioría parlamentaria. Junts advirte o Goberno de que non é o seu socio e avisa. "Cando tivemos que dicir non, dixemos non. E cando dixemos que nos iamos plantar, plantámonos", asegura Miriam Nogueras.
O PP di que os socios de investidura non son unha maioría de Goberno e lémbranlle a Pedro Sánchez que en Cataluña a falta de presupostos forzou un adianto electoral. "Sánchez debería tomar nota. Debería darse conta que sen presupostos a lexislatura está abocada ao fracaso. E a día de hoxe todo fai prever que os presupostos de 2025 son tan imposibles como foron os do 2024", sentencia Miguel Tellado.
O Goberno ten por diante cinco semanas para presentar os orzamentos no Congreso dos Deputados.