Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa de Asturias recibe os premiados cos galardóns que levan o seu nome

A princesa de Asturias recibe os premiados cos galardóns que levan o seu nome

Houbo xestos de admiración cara a Meryl Streep, da que a raíña e a princesa se declararon admiradoras

G24.gal 20/10/2023 14:39

Unhas horas antes da entrega dos premios, os reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía recibiron no hotel Reconquista de Oviedo os galardoados nesta edición, a número 42. A herdeira da Coroa fíxolles entrega das insignias que recoñecen a súa contribución aos valores científicos e humanísticos, coa ausencia de dous dos premiados, Hélène Carrère e Nuccio Ordine, falecidos meses antes da cerimonia.

Houbo xestos de admiración cara a Meryl Streep, da que a raíña e a princesa se declararon admiradoras. A familia real posou despois con todos o premiados, unha imaxe que podería non repetirse o próximo ano, en que Leonor posiblemente asumirá en solitario a entrega dos galardóns.

O desta tarde será o quinto discurso da princesa nesta cerimonia. Estreouse en 2019, con 13 anos, na súa primeira intervención nun acto oficial. Un ano máis tarde, cambiaba o escenario e o contexto: a entrega dos premios estivo marcada polas restricións da covid. En 2021, Leonor regresou de Gales para entregar os premios que levan o seu nome, igual que fixo o ano pasado.

A esta edición, a última antes da súa maioría de idade, a princesa de Asturias acode en plena formación militar, e coa vista posta no próximo día 31, cando fai 18 anos e xurará a Constitución ante as Cortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade