Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor despídese da Academia de Zaragoza para seguir a súa formación militar en Marín

A princesa Leonor despídese da Academia de Zaragoza para seguir a súa formación militar en Marín

A herdeira do trono español recibiu este mércores de seu pai o nomeamento de alférez e a Gran Cruz do Mérito Militar

Filipe VI impón a banda á princesa de Asturias (EFE/Javier Cebollada)
G24.gal 03/07/2024 12:03 Última actualización 03/07/2024 13:26

A princesa Leonor recibiu este mércores de mans de seu pai, Filipe VI, o nomeamento como dama alférez cadete co que pecha a súa primeira etapa de formación castrense, na Academia Xeral Militar de Zaragoza, e foille imposta polo seu pai a Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco.

O acto, no que tamén reciben os seus despachos os tenentes do Exército de Terra e da Garda Civil que concluíron a súa formación de cinco anos, comezou cunha salva de 21 canonazos.

Como sucedeu hai dez meses e medio no seu ingreso no centro militar zaragozano, os seus pais, Felipe VI e Letizia, e a súa irmá, a infanta Sofía, acompañaron a princesa de Asturias nun acto co que segue os pasos do rei, quen recibiu de mans de Xoán Carlos I o nomeamento como alférez hai 38 anos.

Tras recibir o nomeamento e a distinción, a princesa de Asturias incorporouse á presidencia do acto para seguilo xunto á súa familia, despois de fundirse nun abrazo coa súa nai e a súa irmá.

A cerimonia é a despedida da princesa de Asturias da Academia Xeral Militar tras o seu primeiro ano de formación militar, que proseguirá na Academia da Armada de Marín a partir de finais do próximo mes de agosto, onde obterá o rango de alférez de fragata. Está previsto que antes de incorporarse visite Marín o próximo día 16 para a entrega de despachos aos novos oficiais.

Ten aínda por diante dous anos de formación militar que finalizará na Academia do Aire de San Javier, en Murcia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade