Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor xurará a Constitución o 31 de outubro

A princesa Leonor xurará a Constitución o 31 de outubro

Será o mesmo día en que fai os 18 anos

O rei Xoón Carlos non asistirá á xura, pero si participará na celebración familiar 

G24.gal 22/09/2023 19:09 Última actualización 22/09/2023 19:55

A princesa Leonor xurará a Constitución ante as Cortes Xerais o próximo 31 de outubro, día en que fará 18 anos, do mesmo xeito que fixo o seu pai, Filipe VI, hai 37 anos, segundo informaron fontes da Casa do Rei.

O xuramento ante a sede da soberanía nacional é un dos pasos institucionais máis relevantes da herdeira ao trono. Leonor asumiu a condición de princesa de Asturias cando Filipe VI pasou a ser xefe de Estado en xuño de 2014 tras a abdicación de Xoán Carlos I.

Despois da sesión solemne do Congreso e o Senado, Leonor de Borbón recibirá o Colar da Orde de Carlos III no Palacio Real en presenza dos poderes do Estado.

O rei Xoán Carlos non asistirá á xura, pero si participará na celebración familiar e de carácter privado que se celebrará esa mesma xornada. Ademais dos reis Filipe e Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía, estarán neste encontro privado os reis Xoán Carlos e Sofía, as infantas Helena e Cristina e os seus fillos e a familia da raíña Letizia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade