Publicador de contidos
Publicador de contidos

A prisión o home detido como presunto autor do acoitelamento de Ponteareas

A prisión o home detido como presunto autor do acoitelamento de Ponteareas

O acusado é a exparella da moza da vítima

G24.gal 27/03/2023 14:37

No lugar dos feitos aínda quedaban pegadas das consecuencias da agresión. Ao parecer, todo comezou no interior dunha discoteca onde a vítima, un home duns corenta anos, estaba coa moza. Alí atopáronse coa exparella da muller que ía acompañado por un amigo. Supostamente ameazárona e comezou entón unha discusión.

Foi despois, á saída do local, cando se produciu a suposta agresión. A investigación apunta a que foron estes dous homes os que presuntamente atacaron a vítima cunha arma branca, asestándolle varias coiteladas.

Malferido, o agredido camiñou varios metros pola rúa deixando ao seu paso pegadas de sangue que xa analizou un equipo da Policía Xudicial. Tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde ingresou en estado grave na UCI.

A Garda Civil detivo os dous presuntos agresores. Un deles quedou en liberdade. O outro, a exparella da muller, prestou declaración no xulgado número un de Ponteareas, que decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. Está investigado por un delito de intento de homicidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade