A procesión do Encontro de Resurrección de Viveiro sae a pesar da chuvia
A procesión do Encontro de Resurrección de Viveiro sae a pesar da chuvia
É unha das máis antigas da Semana Santa desta vila, declarada de Interese Turístico Internacional
Representa o encontro de Xesús resucitado coa súa nai, acompañada por San Xoán
As pingas que caeron xusto ás doce ameazaban con cancelar a procesión do Encontro de Resurrección en Viveiro. En poucos minutos decidían saír. É unha das máis antigas e das que suscita máis devoción.
Formada polas figuras de San Xoán e a Nosa Señora do Sagrado Corazón, destaca pola súa solemnidade. O acto congrega numeroso público.
Esta Semana Santa, declarada de Interese Turístico Internacional, remata coa procesión do Vía Lucis, da Irmandade das Sete Palabras. Destacan os pasos do Cristo Resucitado, do escultor galego Leopoldo Rodríguez, e o da Nosa Señora do Camiño da Luz, de Antonio Espadas Carrasco.