A profesora que promove a prohibición do móbil a menores leva a súa proposta ao Congreso
A profesora que promove a prohibición do móbil a menores leva a súa proposta ao Congreso
Ángela Sánchez reúnese con parlamentarios de PSOE, PP, Junts, EH Bildu e Vox
A profesora de Toledo que propón prohibir o uso de móbiles a menores de 16 anos reúnese este martes con representantes de cinco grupos parlamentarios.
Ángela Sánchez recolleu 80.000 sinaturas para promover unha lei que evite a adicción dos adolescentes aos dispositivos electrónicos. Agora quere trasladarlles a deputados do PSOE, PP, Junts, Bildu e Vox as conclusións dos informes que elaborou con datos dun milleiro de centros públicos de toda España.
Ángela Sánchez enumera os problemas que detectaron, como o "déficit severo e grave de atención que teñen os nenos. Cústalles concentrarse, a comprensión lectora en lingua e matemáticas... E por outro lado, que me din os meus compañeiros de orientación educativa, é o ciberacoso que se realiza a través do teléfono móbil a menores".