Publicador de contidos
Publicador de contidos

A suba dos tipos de xuro pode frearse tras a quebra do SVB

A suba dos tipos de xuro pode frearse tras a quebra do SVB

Os expertos aseguran que non hai perigo de contaxio na banca europea

O Ibex 35 recupérase un 0,5 % na media sesión e colócase por encima dos 9.000 enteiros

G24.gal 14/03/2023 14:23

A quebra de Silicon Valley vai ter unha incidencia directa nos tipos de xuro que marcan os bancos centrais. Seguirán subindo. Pero os expertos aseguran que o farán a un ritmo máis lento e máis moderado do que se agardaba.

Pero as consecuencias da caída no Silicon Valley Bank non deberían ir moito máis alá. Os expertos recalcan que se trata dunha entidade cunhas características moi específicas. É complicado que a súa caída poida contaxiar a banca europea. E dende logo din que non estamos nunha situación semellante á da crise financeira do 2008.

Os expertos restan importancia ás perdas que onte tiveron na bolsa os grandes bancos españois. É algo circunstancial. Viñan, aseguran, duns meses moi bos e en situacións como esta os que manexan o mercado optan por vender os valores que máis subiron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade