Cargando resultados...
A quinta de Tchaikovsky, na praza de Santa María, en Lugo
A quinta de Tchaikovsky, na praza de Santa María, en Lugo
Un concerto en Lugo pecha o curso de especialización en música orquestral
G24.gal
24/08/2024 20:57
É impresionante escoitar a quinta sinfonía de Tchaikovsky na praza de Santa María de Lugo, unha experiencia que redunda na beleza.
A sonoridade deste espazo enfatiza o saber facer deste grupo de xente nova que ofreceron de balde o concerto de peche do primeiro curso de especialización orquestral.
Este concerto é o escaparate dun curso pioneiro no que durante unha semana expertos en música sinfónica ofreceron formación integral aos rapaces e rapazas con interese en especializarse na música orquestral.
O éxito desta experiencia pioneira é a base de futuros cursos especializados en música orquestral.