"Aparvar(se)", "dina", "cantareira" ou "meu", entre as candidatas da RAG á palabra do ano
"Aparvar(se)", "dina", "cantareira" ou "meu", entre as candidatas da RAG á palabra do ano
"Emerxencia climática", e "fala" son as outras candidatas na votación
O prazo para votar remata o día do Nadal
Acéndese o debate e comeza a votación para escoller a palabra galega de 2024. Xa van nove anos en que o Portal das Palabras se abre para os vocábulos que recollen mellor o estado de ánimo social. Desde a "corrupción" de 2014, ata o "sentidiño" do ano 19, as propostas van facendo de espello do que nos preocupa.
"As palabras que causan máis impacto nas persoas son aquelas que se refiren a vivencias que tiveron lugar dentro da propia sociedade. E as propostas son sempre moi representativas das preocupacións que houbo durante o período", declarou Manuel González, o coordinador do Seminario de Lexicografía e Terminoloxía da RAG.
Este ano son seis, que xa teñen adeptos e detractores. Unha das palabras propostas é "aparvar(se)", polo impacto das redes sociais sobre o espírito crítico e a concentración. Tamén están presentes outras preocupacións sociais: a "fala", a "emerxencia climática", a "dina".
Pero nesta sondaxe nosa, sen valor estatístico ningún, atopamos unha palabra especialmente querida: "meu".
A votación está aberta aquí ata o día 25 de decembro.