A RAG reclama a oficialidade do galego no novo Estatuto de Asturias
A RAG reclama a oficialidade do galego no novo Estatuto de Asturias
Demandan unha "política de cooperación", en lugar dunha de "confrontación"
A Real Academia Galega (RAG) enviou un informe ao Goberno de Asturias e aos grupos parlamentarios no que defende a declaración da oficialidade do galego en igualdade de condicións co asturiano no seu novo Estatuto de Autonomía.
A RAG explicou nun comunicado que a proposta de reforma do estatuto asturiano limita a declaración de oficialidade do galego que se fala no límite occidental de Asturias só ao seu ámbito territorial.
"A Real Academia Galega ansía que o Parlamento do Principado aprobe na reforma do seu Estatuto de Autonomía a declaración de oficialidade das dúas linguas propias de Galicia, o galego e o asturiano. E que na posterior lei de uso que se prevé, o galego, na variante ' eonaviega', sexa oficial en todo o territorio do Principado de Asturias".
Ademais, o informe aclara que non é a súa función intervir en cuestións de tipo político, pero si "lembrar que unha lingua é un patrimonio cultural merecedor de ser salvagardado e que sería máis positivo para esa salvagarda unha política de cooperación e non unha política de confrontación".