Publicador de contidos
Publicador de contidos

A raíña Letizia preside a entrega de medallas da Cruz Vermella

A raíña Letizia preside a entrega de medallas da Cruz Vermella

Oviedo acolle o acto conmemorativo do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella

A cerimonia estivo marcada polo aniversario da entidade, este ano fai 160 anos

G24.gal 14/05/2024 14:32

O auditorio Príncipe Felipe de Oviedo foi o escenario da entrega das medallas de ouro polo Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella. Unha cerimonia que estivo presidida pola raíña Letizia, que destacou o labor humanitario da entidade.   

"Pase o que pase, catástrofes, guerras, exclusión, desigualdade, falta de oportunidades, pobreza, sempre encontraremos unha man tendida na Cruz Vermella".

A celebración estivo marcada polo aniversario da Cruz Vermella Española, que este ano cumpre 160 anos. A súa historia foi o fío condutor da cerimonia.

"160 anos de humanidade, é o lema co que celebramos este ano o día mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella. Ese principio de humanidade que nos impulsa a previr e aliviar o sufrimento humano", di a presidenta da Cruz Vermella, María del Mar Pageo.

Precisamente polo seu perfil humanitario nas súas profesións e campos de traballo foron seleccionados os galardoados deste ano.

"Parabéns a todos, que a Cruz Vermella vos dera este recoñecemento significa que o voso traballo ten propósito, é útil, transformador", dixo a raíña Letizia.

Recibiron a medalla de ouro organizacións coma a Axencia Servimedia, o centro San Camilo, a Fundación Neurodereitos e a Federación Española de Enfermidades Raras. Tamén personalidades como o cineasta Fernando León de Aranoa ou o científico Fernando Valladares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade