O custo de reparación dos vehículos eléctricos é máis elevada que a dos coches de combustión
O custo de reparación dos vehículos eléctricos é máis elevada que a dos coches de combustión
Ademais o eléctrico é o que máis se deprecia, perde case a metade do seu valor transcurridos tres anos
Son coñecidos polas súas vantaxes, aforro de combustible e mantemento máis económico. Con todo hai aspectos do vehículo eléctrico que non convencen os condutores, entre eles o custo da reparación no caso de avaría ou sinistro.
A substitución da batería e os compoñentes electrónicos do vehículo eléctrico tamén elevan os gastos de reparación. Ademais os técnicos dos talleres precisan formación especializada, o que se traduce en tarifas de man de obra máis caras.
Por outra banda, este tipo de vehículos perden antes o seu valor, case a metade aos tres anos.
Fabricantes e petroleiras posiciónanse con vistas á prohibición da venda de coches de combustión para 2035. Repsol xa lanzou un combustible renovable substituto da gasolina que en breve chegará as estacións de servizo.