Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reconstrución dos viadutos do Castro condicionará o tráfico da A-6 catro días desde o luns

A reconstrución dos viadutos do Castro condicionará o tráfico da A-6 catro días desde o luns

Haberá cortes de tráfico en sentido Madrid entre os quilómetros 432 e 422 desde as 22:00 horas do luns 16 e as 7:00 horas do martes 17

Os traballos quedarán executados en catro xornadas, sempre en horario nocturno para minimizar as molestias aos usuarios da autovía

O viaduto da AP-9 en Portas estará en obras ata vésperas do Nadal

G24.gal 13/09/2024 12:21 Última actualización 13/09/2024 12:59

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible informou de que o tráfico quedará condicionado na Autovía do Noroeste (A-6) durante polo menos catro días como consecuencia dos traballos de reconstrución dos viadutos do Castro, na provincia de León, entre Veiga de Valcarce e Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

O propio Ministerio informou, nun comunicado, de que a calzada esquerda se atopa en servizo desde decembro de 2023, cun carril de circulación en sentido Madrid, pero para completar os traballos de impermeabilización e asfaltado que se están levando a cabo entre os quilómetros 430 e 431 da autovía “é necesario cambiar o tráfico á outra metade da calzada, actualmente reservada para os traballos de obra”.

Para iso, aclara, “requírese previamente desprazar o sistema de contención provisional existente”. “Para acometer estes traballos de desprazamento das barreiras de formigón existentes, con garantías de seguridade para traballadores e usuarios da vía, procederase a cortar o tráfico da calzada da A-6 en sentido Madrid entre os km 432 e 422, desde as 22:00 e as 7:00 horas, a partir da noite do luns 16 ao martes 17 de setembro”, explica o Ministerio.

Estima que os traballos quedarán executados en catro xornadas, sempre en horario nocturno para minimizar as molestias aos usuarios, e, cando queden finalizados, restituirase o tráfico en sentido Madrid, sen cortes nocturnos, polo tronco da autovía.

O itinerario alternativo para o tráfico en sentido Madrid realizarase a través da N-6 e A-6, entre os km 432 a 422 desta última, e “estará convenientemente sinalizado”. Así mesmo, lembra “a importancia de respectar a sinalización provisional de obras e as limitacións de velocidade para garantir a seguridade de traballadores e usuarios”.

Máis de dous anos da caída do viaduto

Cando xa pasaron máis de dous anos da caída da ponte do Castro aínda non se recuperaron os dous viadutos. Durante meses houbo queixas polo mal estado do firme, especialmente ao seu paso polos concellos da montaña lucense. Agora o Goberno central acomete por fin a renovación do firme da autovía, pero as protestas non desaparecen. Agora polas molestias e os rodeos que nalgúns casos hai que dar debido aos desvíos.

"Está bastante mal, moitas fochancas e zonas cortadas" " Van saltando as cousas dentro do vehículo, podes picar unha roda e os camións levantan moitas pedras." comentan algúns usuarios.

Máis de dous anos despois da caída do viaduto do Castro, o tráfico aínda non se puido restablecer con normalidade e hai que seguir atravesando Pedrafita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade