Cargando resultados...
Nos Ancares reclaman que se aceleren os traballos de repavimentación da A-6
Nos Ancares reclaman que se aceleren os traballos de repavimentación da A-6
Máis de 40 quilómetros da autovía teñen carrís cortados ou coa velocidade reducida
G24.gal
28/10/2024 14:15
Máis de 40 quilómetros da autovía A-6 teñen carrís cortados ou coa velocidade reducida ao seu paso polos Ancares, debido ás obras para pavimentar de novo o trazado.
O tramo máis afectado é o que une Becerreá e Baralla, onde permanece cortada a saída cara a Neira de Rei e Navia de Suarna. Os usuarios sinalan que as obras son necesarias para acabar cunhas fochas que fan perigoso o tráfico, polo que reclaman que se acelere o ritmo dos traballos.
Tamén nos Ancares e na mesma autovía, permanece cortado o túnel de Pedrafita, a carón do viaduto que se derrubara hai dous anos na Veiga de Valcarce.