Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reforma da Lei de seguridade cidadá vótase na Comisión de Interior sen visos de prosperar

A reforma da Lei de seguridade cidadá vótase na Comisión de Interior sen visos de prosperar

ERC e Bildu anunciaron o voto en contra por consideraren que "queda curta"

G24.gal 14/03/2023 08:10

A reforma da Lei de seguridade cidadá, denomidada polos seus detractores como 'lei mordaza', vai decaer hoxe se non hai sorpresas de última hora. O texto vótase na Comisión de Interior e o Goberno non ten apoios suficientes para sacalo adiante.

ERC e Bildu confirmaron que van votar en contra ao considerar que a reforma é insuficiente. Eles pedían, por exemplo, que se prohibiran as pelotas de goma como material antidisturbios.

No PSOE din que foron xenerosos dende o principio para chegar a acordos, pero os seus socios, Unidas Podemos, repróchanlles que non se esforzasen o suficiente. E din que, se finalmente non hai acordo sobre esta reforma, o Goberno enfrontarase a un dos maiores fracasos políticos da lexislatura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar