Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reforma laboral xa ten a maioría suficiente tras anunciaren o seu si UPN e o PDeCat

A reforma laboral xa ten a maioría suficiente tras anunciaren o seu si UPN e o PDeCat

Suma 176 apoios fronte aos 173 que se opoñen a ela

G24.gal 02/02/2022 19:57

A reforma laboral xa ten a maioría suficiente para saír adiante nesa votación de mañá. Suma 176 apoios fronte aos 173 que se opoñen a ela. Os últimos en anunciar o seu si foron UPN e o PDeCat.

O presidente de UPN Javier Esparza anunciou que a formación rexionalista apoiará a reforma laboral que se debaterá este xoves no Congreso dos Deputados, e farao con "convencemento" e por "responsabilidade e sentido de Estado". "O cómodo era votar non. Pero o imprescindible para traer prosperidade é votar si", anunciou este mércores en conferencia de prensa, onde  asegurou que "se esta reforma non se aproba, perde España".  

Aos deputados de UPN sumaranse os catro do PDeCAT, os do PSOE, UP, Cs, Más País, Compromís, Coalición Canaria, Nova Canarias, Teruel Existe e PRC.

O portavoz do PDeCAT no Congreso Ferran Bel compareceu xunto cos deputados desta formación para explicar que a reforma laboral, aínda que non derroga integramente a anterior do PP foi acordada polos axentes sociais, algo "capital", porque a non aprobación deste acordo supoñería un "golpe mortal ao diálogo social sen precedentes" e a inestabilidade e incerteza no mercado de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade