A reparación do firme da autovía do Noroeste comezará en canto o tempo o permita
A reparación do firme da autovía do Noroeste comezará en canto o tempo o permita
As obras permitirán mellorar a seguridade viaria na conexión entre Lugo e a Meseta
Circular pola autovía A-6 en determinados treitos, especialmente da provincia de Lugo, supón un calvario diario para milleiros de condutores que se desprazan por esta vía.
As obras de mellora están xa adxudicadas. Procederase á reparación do firme entre O Corgo e Vilafranca do Bierzo, un total de 73 quilómetros en sentido Madrid para mellorar a seguridade viaria.
O Ministerio de Transportes non concreta os prazos previstos para os traballos. Di que as obras comezarán cando o tempo o permita e terán un prazo de execución de nove meses. Os traballos afectarán o tráfico rodado.
Ao remate desta obra iniciarase a mellora do mesmo treito en sentido A Coruña. A adaptación dos túneles da A-6 á normativa europea e a reposición do viaduto do Castro manterán en obras boa parte da saída viaria da Galicia noroeste cara á meseta.