Publicador de contidos
Publicador de contidos

A residencia lucense das Gándaras adaptarase ao novo modelo de coidados

A residencia lucense das Gándaras adaptarase ao novo modelo de coidados

Inclúe a creación de unidades de convivencia de 25 persoas 

O investimento para a reforma ascende a sete millóns de euros

G24.gal 18/03/2023 19:46 Última actualización 18/03/2023 21:51

A residencia de maiores das Gándaras, en Lugo, mudará o seu aspecto exterior e interior con esta reforma que acaba de anunciar a conselleira de Política Social e que implica, entre outras medidas, a creación de novas unidades de convivencia.

O centro acaba de recibir un certificado que acredita que cumpre os estándares internacionais de calidade.  Ademais da creación de novos espazos de atención sanitaria, a remodelación tamén pretende favorecer o fluxo de información entre o ámbito social e o sanitario e dotar de sensores os cuartos.

A adaptación ao novo modelo de coidados tamén implica a remodelación da residencia de maiores da Milagrosa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade