Cargando resultados...
Oficial: Adiado o partido do Dépor contra o Rácing de Santander
Así o decidiu o Xuíz de Competición segundo a información do propio Deportivo
.png)
G24.gal
29/01/2022 12:15
Oficial, o Xuíz de Competición adía o Deportivo - Rácing de Santander previsto para mañá en Riazor (19:00) logo de varios positivos no conxunto cántabro.
Segundo a resolución son tres casos positivos no rival dos branquiazuis, onte o seu técnico Guillermo Fdez Romo comunicara en sala de prensa dous.
Así o anunciou o Deportivo na súa conta de twitter
#OSNOSOS | Aprazado o #DeportivoRacing de mañá https://t.co/9j6IMfSG6r pic.twitter.com/DbHkyUU2Qf
— RC Deportivo (@RCDeportivo) January 29, 2022
Tempo despois fixo o propio o Rácing de Santander
El Juez de Competición de la Real Federación Española de Fútbol aplaza, por motivos sanitarios, el #DéporRacing https://t.co/EAm21EHfKC pic.twitter.com/HDcg2mSn9j
— Real Racing Club (@realracingclub) January 29, 2022