Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sarabia estraga leiras de millo acabado de sementar en Pol

A sarabia estraga leiras de millo acabado de sementar en Pol

O pedrazo arrastrou pedra e machacou as plantas

Algunhas pistas acabaron cubertas da terra desprazada pola auga

G24.gal 04/06/2023 21:05 Última actualización 04/06/2023 21:18

O campo está asolagado e a plantación totalmente perdida. Son os estragos que o pedrazo causou nesta zona do concello lugués de Pol. Arruinou o millo acabado de sementar nunha parcela de 3 hectáreas.

Apenas poderán aproveitar o 10 % da colleita de millo. É a forraxe para as vacas. A treboada veu acompañada de graínzo que caeu con tal intensidade que mesmo rachou as plantas e arrastrou a terra. Algunhas pistas tamén se viron afectadas.

Se o tempo o permite tentarán volver sementar, pero a colleita verase moi minguada. Os danos, de momento, están sen cuantificar pero estímanse elevados, unha situación que se suma ás dificultades que xa afectan o sector gandeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar