Publicador de contidos
Publicador de contidos

A seca obriga a facer cortes de auga no concello ourensán de Trasmiras

A seca obriga a facer cortes de auga no concello ourensán de Trasmiras

Dos tres pozos dos que adoitan bombear auga, dous están completamente secos

En Vilar de Barrio hai cortes nocturnos en tres núcleos de poboación

G24.gal 08/08/2022 15:42

O tempo seco e moi caloroso mantén alertas por calor en zonas de Ourense e cada vez máis concellos deciden facer cortes nocturnos para aforrar auga. Este é o caso do concello ourensán de Trasmiras.

Contras as oito da mañá o servizo de auga restablécese en Trasmiras pero este é o aspecto que presenta.

Sandra rexenta un restaurante e bota man de auga embotella para cociñar. Levan días padecendo cortes na subministración durante a noite

Trala seca dos mananciais, todos os núcleos de poboación do concello abastécense dun mesmo depósito pero non se dá enchido porque dos tres pozos dos que adoitan bombear auga dous están completamente secos... ao igual que os ríos que pasan polo concello.

Dende o Concello están a facer unha obra para incrementar o bombeo e poder reducir así os cortes. Así e todo insisten na necesidade dun consumo responsable por parte da poboación.

Unha escaseza que tamén afecta a outros concellos da Limia como Vilar de Barrio onde os cortes nocturnos afectan a tres núcleos de poboación.

Onde comezaron con cortes nocturnos pero agora xa están sen agua boa parte do día en Ribadavia. A seca do Maquiáns acelerouse e o depósito non dá recuperado. Pecharon a piscina e reparten auga embotellada entra a poboación. Están pendente de poder bombear de xeito provisional auga dende o Avia para intentar atallar o problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade