A seda, dende o verme ata o tear
A seda, dende o verme ata o tear
O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense amosou a través dun obradoiro o proceso de obtención deste tecido, un dos máis luxosos
Un material orixinario da China que tamén se produciu en Galicia, na zona de Monforte
Nacen entre marzo e abril, e durante un mes aliméntanse vorazmente de follas de moreiras. Neste tempo os vermes da seda chegan a aumentar 30 veces o seu tamaño.
É entón cando buscan un sitio para facer o casulo onde levarán a cabo a metamorfose a bolboreta.
Fano cun só fío, que pode chegar a medir ata quilómetro e medio.
Para extraer a seda cómpre meter os casulos en auga quente, a uns 90 graos, cun pouco de xabrón, o cal facilita que os filamentos se vaian soltando.
Xúntanse varios para que o fío sexa máis forte. Tras pasar polo tear, o resultado é un tecido suave e con brillo.
Alumnos do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo de Ourense achegáronse, por segundo ano, ao proceso de obtención da seda a partir de vermes que eles mesmos coidaron.