A sede do PSOE en Bruxelas é vítima de actos vandálicos

Os feitos prodúcense tempo despois de que o Partido Socialista anunciara o acordo con Junts, que inclúe a lei da amnistía

Sede do PSOE en Bruxelas Sede do PSOE en Bruxelas
G24.gal 10/11/2023 10:42 Última actualización 10/11/2023 10:57

A sede do PSOE en Bruxelas espertou con pintadas esta mañá. Isto chega horas despois de que o número 3 do PSOE, Santos Cerdán, anunciara na mesma cidade o pacto pola investidura con Junts en que se inclúe a lei da amnistía.

A formación de Pedro Sánchez xa condenou os feitos a través da rede social X (Twiter):

No comunicado, o PSOE denuncia o "vil ataque vivido esta noite", o cal supón unha ameaza "á democracia e aos valores institucionais" que o partido representa dende os seus inicios. Ademais, acompáñao unha foto co sucedido, onde poden lerse con claridade palabras como "traidor".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade