A selección española celebrou en Madrid o seu triunfo na Eurocopa
A selección española celebrou en Madrid o seu triunfo na Eurocopa
Visitou os reis, a Moncloa, percorreu as rúas da capital e a comitiva acabou cunha multitudinaria festa en Cibeles
O avión cos integrantes da selección española de fútbol, campioa da Eurocopa 2024, co trofeo conquistado, aterrou procedente de Alemaña nunha das pistas do aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Baraxas de Madrid pouco despois das 15:00 horas deste luns.
Tras abrirse a porta do avión, Álvaro Morata, capitán da selección, Luis de la Fuente, seleccionador, e Pedro Rocha, presidente da Federación, saíron co trofeo conquistado que, xuntos, alzaron ao ceo de Madrid.
Tras a comida de equipo, os internacionais españois comezaron as visitas institucionais ás 18:30 no Palacio da Zarzuela, onde foron recibidos polos reis de España Felipe VI e dona Letizia.
Ás 19:30, a selección acudiu ao Palacio da Moncloa, onde os recibiu o presidente do Goberno Pedro Sánchez.
Logo realizaron un percorrido nun autobús descapotable que os deixou en Cibeles. Alí exerceu como mestre de cerimonias o capitán da selección española Álvaro Morata que foi presentando, un a un, a todos os xogadores e corpo técnico da selección.