Cargando resultados...
A selección española golea 3-0 a Costa Rica con Tere Abelleira no once titular
Marcaron Esther González, Aitana Bonmatí e o gol en propia porta de Valeria Do Campo

G24.gal
21/07/2023 11:50
Última actualización 21/07/2023 11:55
España bateu a Costa Rica no debut de ambas as seleccións no Mundial de Australia e Nova Zelandia (3-0) celebrado no Estadio de Welllington, grazas aos goles de Esther González, Aitana Bonmatí e o tanto en propia porta de Valeria Do Campo.
O monólogo futbolístico do equipo dirixido por Jorge Vilda serviu para presentar a candidatura mundialista dunha Selección sen teito ante a que Costa Rica só puido defenderse. A galega Tere Abelleira foi titular e clave na goleada
A Vermella xogou sen Alexia Putellas, a actual balón de ouro, que saíu na segunda parte e tranquilizou a afección.