Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección feminina de baloncesto cae ante Bélxica (66-79)

A selección feminina de baloncesto cae ante Bélxica (66-79)

As xogadoras de Miguel Méndez quedan eliminadas nos cuartos de final logo dun partido onde as belgas foron superiores

Paula Ginzo sumou 2 puntos e María Araújo non foi quen de anotar

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 07/08/2024 16:58

A derrota de España nos cuartos de final remata coa súa participación no torneo de baloncesto destas Olimpíadas. A selección feminina de baloncesto perdeu contra unha Bélxica que dominou todo o encontro.

O conxunto adestrado polo galego Miguel Méndez non puido facerlle fronte ás actuais campioas de Europa. Tras un primeiro cuarto igualado, as xogadoras belgas comezaron a distanciarse no electrónico. O acerto de Emma Meesseman e Kyara Linskens puña as rivais de España 9 puntos por riba do combinado nacional.

Á volta de vestiarios, Bélxica aumentou a diferenza no marcador a pesar da boa actuación en ataque de Megan Gustafson. O dominio das belgas fíxose notar tamén no último cuarto, onde España xa baixara os brazos. As galegas Paula Ginzo e María Araújo tampouco puideron ofrecer a súa mellor versión. A ourensá só achegou 2 puntos, mentres que a viguesa non foi capaz de anotar no partido.

A 'Familia' marcha de París sen poder loitar polas medallas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade