Publicador de contidos
Publicador de contidos

A semana comeza con mínimas baixo cero en moitos puntos da península

A semana comeza con mínimas baixo cero en moitos puntos da península

A neve callou no norte de Mallorca e en Alacant

G24.gal 29/01/2023 21:23

As previsións cumpríronse e a neve cubriu as zonas máis altas de Mallorca. Na serra da Tramuntana callou a partir dos 600 metros e acumuláronse espesores de ata 50 centímetros, o que ocasionou dificultades no tráfico.

As temperaturas máis baixas do día rexistráronse en Cap de Vaqueira, en Lleida, onde chegaron aos 14 graos baixo cero. En Serra Nevada os termómetros marcaron os menos once graos pero o frío non impediu que multitude de persoas se animaran a pasar o día na montaña ao aire libre.

Domingo de nevadas tamén na Comunidade de Valencia. O norte da provincia de Alacant amenceu con alerta en nivel amarelo. As folerpas caeron a partir dos 500 metros.  

A semana vai comezar con temperaturas xélidas. Unhas 30 provincias dunha ducia de comunidades autónomas estarán o luns en risco amarelo por fenómenos costeiros e temperaturas mínimas de menos nove graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade