Cargando resultados...
A Semana de Cine Euroárabe AMAL celebra a súa edición número 20
A Semana de Cine Euroárabe AMAL celebra a súa edición número 20
O festival celébrase no Teatro Principal de Santiago ata o 29 de outubro
Proxectará cinco filmes comprometidos coa dignidade humana
G24.gal
24/10/2022 21:26
Última actualización 24/10/2022 21:35
Sempre na busca de unir Oriente e Occidente a través da cultura, a Semana de Cine Euroárabe AMAL celebra os seus 20 anos con tres películas de ficción e tres documentais.
Como din dende o festival, a intención é que o espectador se sinta cómodo na incomodidade de ver un cine comprometido que pretende levantar pontes de concordia.
AMAL dispáranos este ano unha idea: "Isto non é unha sandía, é un símbolo de loita". E hai unha explicación tras desta mensaxe que nos lanza o cartel da edición número 20 da Semana de Cine Euroárabe AMAL.