Repítense os incidentes nos autobuses de Santiago
Repítense os incidentes nos autobuses de Santiago
Onte estouparon os baixos dun autobús danando auditivamente un home que esperaba na parada
Onte estouparon os baixos dun autobús en Santiago, na parada da rúa Ánxel Casal. Un feito que provocou unha gran fumareda negra e un forte ruído, que danou auditivamente un usuario que agardaba ao transporte na parada.
Non é a primeira vez que un dos buses da cidade presenta unha avaría técnica. Nas dúas últimas semanas, un autobús quedou sen freos, batendo contra o colexio Peleteiro, outro foi retirado do centro da cidade por un problema técnico. A isto súmanselle os problemas de suspensión, o ruído da carrocería, a emisión elevada de gases ou os problemas de accesibilidade que presentan.
Este estado precario en que se atopan moitos dos autobuses provoca as queixas dos usuarios, aos que este tipo de accidentes lles xera intranquilidade.