Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aínda segue habendo ultramarinos nas nosas vidas

Aínda segue habendo ultramarinos nas nosas vidas

Os que resisten vanse adaptando aos tempos, pero mantendo a esencia de sempre

G24.gal 16/02/2024 21:26 Última actualización 16/02/2024 21:41

Pasan os anos e van quedando menos, pero aínda resisten uns cantos ultramarinos. Na zona vella de Santiago mesmo atopamos algún que mantén a mesma estética dende hai case cen anos. E iso, neste século, desprende atractivo.

Tamén existen os que souberon adaptarse aos tempos sen perder a súa esencia. Din que son quizais máis modernos porque se adaptaron ao que demanda hoxe o cliente turista. Pero non esquecen ofrecer ao cliente de sempre o trato de sempre, o trato da casa, e ese tipo de produto que non se atopa nas grandes superficies.

Son exemplos do que xa case non hai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade