Publicador de contidos
Publicador de contidos

A SEPI completa a adquisición do 10 % do capital de Telefónica

A SEPI completa a adquisición do 10 % do capital de Telefónica

A SEPI executa así a orde comunicada polo goberno o pasado 19 de decembro

O organismo estatal xa superara o pasado 13 de maio o umbral do 9 % de Telefónica

Sede de Telefónica en Madrid. (EFE/Fernando Villa) Sede de Telefónica en Madrid. (EFE/Fernando Villa)
G24.gal 20/05/2024 18:52

A Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) finalizou a operación de compra que ordenou o Consello de Ministros o pasado 19 de decembro, a cal consistía na adquisición do 10 % das accións de Telefónica polo valor de 2.248,8 millóns de euros. 

Deste xeito a SEPI faise co control de 567.016.155 accións por un prezo medio de 4,0295 euros por título, segundo informou Telefónica este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Ata o momento, conta co economista Carlos Ocaña como conselleiro. O pasado venres, o ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, José Luis Escrivá, non descartou solicitar outro.

Na actualidade Telefónica conta con 15 conselleiros e a súa media de porcentaxe de cada uno é do 6,7 % do capital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade