Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caída dun poste telefónico deixa sen liña ducias de persoas en Fene

A caída dun poste telefónico deixa sen liña ducias de persoas en Fene

Os veciños mostran a súa incomprensión porque a avaría aínda non está solucionada

G24.gal 19/06/2024 14:35

Un poste caía sobre unha leira a carón desta estrada provincial de Fene, na zona de Barrallobre, o pasado venres. Ademais das actuacións da Policía Local e bombeiros para retirar os cables e redirixir o tráfico, a consecuencia inmediata foi a caída da liña telefónica.

Ademais das persoas maiores que non usan móbil, tanto no instituto como moitos estudantes nas súas casas necesitan a liña fixa e a fibra que proporciona a conexión a Internet para o seu día a día.

A maioría dos veciños están sorprendidos de que tarden tanto tempo en solucionar unha avaría deste tipo. Séntense molestos polo que cren é unha de falta de interese por parte da compañía telefónica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade