Cargando resultados...
A sinatura de hipotecas aumentou en Galicia máis dun 60% durante o pasado agosto
A sinatura de hipotecas aumentou en Galicia máis dun 60% durante o pasado agosto
A comparativa é fronte o mesmo mes do ano 2020, pouco despois do confinamento
David Fernández
27/10/2021 16:28
Foron un total de 1.303 préstamos hipotecarios os que se formalizaron en Galicia, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, que salienta ademais que a inmensa maioría dos compradores optaron polos xuros a tipo fixo.
O instituto constata que a formalización de hipotecas se disparou en toda España por riba do 69 %, a maior suba dun mes de agosto desde o 2003, e que a media de vida dos préstamos de vivenda se sitúan nos 24 anos.